Monday 29 de April de 2024

O Concello anuncia cambios na programación dos espectáculos xestionados polo IMCE para se adaptaren ás novas restricións decretadas pola Xunta


As entradas para os espectáculos previstos desde hoxe e até o 3 de novembro devolveranse na súa totalidade a través das mesmas canles polas que foran adquiridas

O Concello anuncia cambios na programación dos espectáculos xestionados polo IMCE (Centro Ágora, Coliséum, Fórum Metropolitano, Teatro Colón e Teatro Rosalía Castro) por mor das novas restricións decretadas pola Xunta de Galicia, en que se establece unha capacidade máxima de ata 60 persoas en cines, teatros, auditorios, etc.

Desde o IMCE informan de que as entradas para os espectáculos previstos desde hoxe, 22 de outubro, e até o 3 de novembro, que se devolveranse na súa totalidade. A devolución dos tíckets efectuarase a través das mesmas canles polas que foran adquiridas. Os espectáculos reactivaranse coa saída á venda do aforo máximo permitido, 60 localidades, e manteranse en todo caso os descontos que estaban previstos nas correspondentes sesións.

Deste xeito, os espectáculos que se ven afectados son:
– Concerto da OSG de abono venres número 3, previsto para o 23.10 no Coliséum.
– Concerto da OSG de abono Venres número 4, previsto para o 30.10 no Coliseum.
– Os nenos da variola, previsto para o 23.10 no Fórum Metropolitano.
– A conquista da escola de Madhubai, prevista os días 23 e 24.10 no Teatro Rosalía de Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.
– A compañeira de piso, prevista para os días 30 e 31.10 no Teatro Rosalía de Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.

No caso dos espectáculos previstos no Teatro Colón reasignarase unha nova data para:
– O candil, previsto para o 23.10 no Teatro Colón, trasládase ao 13 de novembro no mesmo horario e coas mesmas invitacións.
– Érase una vez Depedro, previsto para o 25.10 aprázase ao 29.11 no mesmo horario e mantéñense as entradas, salvo que se solicite a súa devolución.